Moi bo rally con todos correndo moito (como de costumbre)
Na primeira pasada polo tramo de Maceda decepcionoume un pouco a horquilla que había un pouco antes de meta, moi lenta, pensei que ía ser máis emocionante, asique logo na segunda pasada fun para unah das últimas curvas, e vaia vistas!!! víase un cachazo tremendo do tramo, ata se vía a saída, encantoume esa zona
Logo pola tarde a última horquilla do tramo de Esgos, genial ata a neutralización, e na segunda pasada máis espectáculo cun libradón tremendo de Bermúdez que inda estou flipando de como salvou unha saída de pista máis que cantada...
Rally complicado como se pode comprobar nos abandonos.
Ánimo a todos os que non puideron acabar, especialmente para Fraguas, que xa non chegou a meta do tramo de Maceda por culpa dun palier, e aos irmáns Barros, Aitor que tocoulle no mismo tramo e na misma curva que o ano pasado, e Fran, que parece ser que ten unha pequena fractura nunha clavícula